Lembrade que o trazado será de 10 kilómetros e estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo, coa garantía de que a medición do circuíto é completamente fiable. Deste xeito a tua marca será válida para competicións oficiais.
O día da proba dende as 20:00 ate as 3:00 poderás aparcar no Parking da rúa Galeras (Parking Catedral) por un custe total de 3€ por 7 horas de estacionamento.
Despois de dalo todo, tocará picar algo pola zona. Pero antes unha ducha para ir presentable, nas instalacións do Complexo Deportivo Santa Isabel (que ademais queda ao lado do parking) ou no Pavillón Municipal Lorenzo da Torre (moi preto do gardarroupa)
Podes recollelo o venres 3 de maio de 12:00 a 22:00 (en A Galiciana, na calle Gómez Ulla nº 1), e o día da proba de 10:00 a 21:00 na Praza do Obradoiro baixo os soportais do Concello.
Tamén dispoñemos de gardarroupa na praza do Obradoiro, queremos que só penses en pasalo ben e en correr sen preocupacións, para eso adestramos non?
Sabemos que sodes inquietos e que vos gusta viaxar, incluso máis que adestras se é posible. Por eso este ano temos unha gran sorpresa para esos viaxeiros, xa que a santyago10k está no "II Circuito de Carreras Ciudades Patrimonio de la Humanidad"
Platino
Organizan
Colaboran